Descuento:
-5%Antes:
Despues:
39,67 €1. LECTURA MOTIVADORA Todas as unidades abren cunha lectura que adoita servir de introdución aos tipos textuais que se presentan despois ou a outros contidos traballados (elementos de vocabulario ou a parte especÃfica de literatura). Unha sección concibida a partir de preguntas encamiñadas a fomentar a comprensión do contido do texto, que os rapaces reflexionen e se expresen ?de xeito oral ou escrito?? sen descoidar os aspectos relacionados coa educación en valores. Do mesmo xeito ofrece outras propostas literarias e artÃsticas que poden ser do interese do alumnado coa idea de motivalos para que continúen explorando outros elementos culturais dende o texto de partida. 2. TRABALLAMOS COA LINGUA DivÃdese á súa vez, seguindo as directrices do currÃculo oficial, en Modelo textual, Funcionamento da Lingua e Oralidade. MODELO TEXTUAL E FUNCIONAMENTO DA LINGUA Aquà combinamos contidos e actividades de comprensión, reflexión e creación, para que resulte dinámico e atractivo para o alumnado. ORALIDADE A dobre páxina de Oralidade pretende traballar as destrezas de comprensión e produción oral, asà como o vocabulario e a fraseoloxÃa presentes nos textos reais ou simulados que se propoñen. As actividades abordaranse a partir do audio que está no CD do profesor, que tamén inclúe as propostas dixitais complementarias. 3. A LINGUA E NOS Analizamos a realidade sociolingüÃstica galega, do Estado e do mundo. Tamén se abordan as situacións de contacto de linguas e promóvese a eliminación de estereotipos e prexuÃzos lingüÃsticos. 4. LITERATURA Ademais dos contidos teóricos, apostamos por apartados novidosos, como o que chamamos Agora escribes ti, que invita os rapaces e rapazas a inserirse no proceso creador. Un completo Obradoiro Literario. 5. O FAIADO DAS LETRAS Unha completa selección de textos representativos, tanto do panorama literario galego como da literatura universal, relacionados cos contidos expostos na parte teórica. As actividades están deseñadas para que o alumnado desenvolva os coñecementos adquiridos dun xeito máis práctico.Consta de 12 unidades, cada unha delas dividida en 5 seccións. Como xa é tradicional nas propostas didácticas de Galaxia, ofrecemos uns libros que organizan a información en dobres páxinas, como se fosen un encerado, para facilitar o estudo e comprensión dos contidos que se van tratar.