Xela Arias, quedas en nós

Xela Arias, quedas en nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822428
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-242-8
Páginas:
224
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

18,45 €

Despues:

17,53 €
IVA incluido

Máis de cincuenta persoas participan neste libro colectivo, "Xela Arias, quedás en nós", que constitúe unha homenaxe con motivo do primeiro cabodano do pasamento da poeta e tradutora. O volume, promovido por Edicións Xerais de Galicia, a Asociación de escritores de Lingua Galega e a súa familia, está organizado en catro grandes apartados: "No pouso dos afectos" (reúne semblanzas, poemas e homenaxes literarias realizadas por amigos, familiares e compañeiros e  compañeiras); "No silencio das palabras" (transcrición das palabras pronunciadas na cerimonia da súa despedida); "Vencerse é cousa de se tratar" (transcrición da homenaxe realizada en Vigo o 29 de maio de 2004, organizada pola AELG, ATG e AGE) e "Un día tiven desexos e cumprinos" (completa aproximación bio-bibliográfica). Estas colaboracións literarias enriquécense con outras de carácter gráfico (fotografías e ilustracións) que fan do libro unha completa achega para mellor comprender e admirar a traxectoria humana e literaria dunha das voces máis singulares da poesía galega última.. Xela Arias (Sarria, 1962 - Vigo, 2003) foi escritora, tradutora, profesora é membro do cadro fundacional de Edicións Xerais de Galicia.  Publicou unha recoñecida obra poética que iniciou con "Denuncia do equilibrio" (Xerais, 1986), continuou con "Tigres coma cabalos" (Xerais, 1990), "Darío a diario" (Xerais, 1996) e rematou con "Intempériome" (2003). A súa morte, o 3 de novembro de 2003, conmocionou á sociedade literaria galega que agora lle rende unha homenaxe coa edición deste volume colectivo.

Xerais en Copi Rey

  • Facemos a maleta -5%
    Titulo del libro
    Facemos a maleta
    Girbés Aparisi, Joan Carles
    Xerais
    Magníficos volumes en cartoné destinados a pequenos e pequenas de dous  anos en diante. Con A festa de aniver...
    No disponible

    7,20 €6,84 €

  • Lía e as zapatillas de deporte -5%
    Titulo del libro
    Lía e as zapatillas de deporte
    Reimóndez, María
    Xerais
    As zapatillas de deporte de Lía son portadoras dunha historia triste. Noutro lado do mundo, nenos e nenas da s...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,50 €11,88 €

  • Ideoloxía e distorsión -5%
    Titulo del libro
    Ideoloxía e distorsión
    Sampedro, Francisco
    Xerais
    o concepto de ideoloxía é confuso e equívoco.Disto dá fe o que o rexistro da opinión entende por el. En re...
    No disponible

    21,90 €20,81 €

  • Antía e Daren -5%
    Titulo del libro
    Antía e Daren
    Nº 78
    Alvite, Valentín
    Xerais
    O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para de...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo (1939-1982) -5%
    Titulo del libro
    Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo (1939-1982)
    Rodríguez Polo, Xosé Ramón
    Xerais
    Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo de Xosé Ramón Rodríguez Polo aborda a estratexia que elaboraron...
    No disponible

    21,00 €19,95 €