Xoaquín Lorenzo. Vida e obra

Xoaquín Lorenzo. Vida e obra

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821124
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-112-4
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

Descuento:

-5%

Antes:

10,25 €

Despues:

9,74 €
IVA incluido

Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907-Lobeira, 1989) foi unha das figuras máis destacadas da xeración do Seminario de Estudos Galegos e do núcleo histórico do galeguismo ourensán. Compañeiro de figuras como  Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas ou Xesús Ferro Couselo constituíu o último carballo da touza vizosa dunha xeración que tivo a Galicia como o seu único guieiro. Etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotógrafo, debuxante, fundador do Museo do Pobo  Galego, membro da Real Academia Galega, Xoaquín Lorenzo percorreu infatigablemente os camiños, vales e castros de Galicia procurando atopar a auténtica alma popular galega. Autor dun xigantesco esforzo pioneiro de síntese descritiva dos aspectos tecno-económicos da nosa cultura tradicional e da fala e literatura popular, recollidos en cento vinte e tres traballos monográficos e no seu amplo estudo sobre a Cultura Material editado no segundo volume da "Historia de Galiza" dirixida por Otero Pedrayo, a figura de Xoaquín Lorenzo é indispensable para entender o saber popular labrego e mariñeiro á piques de esmorecer diante das transformacións sociais producidas na segunda metade so século XX.O presente volume, "Xoaquín Lorenzo. Vida e obra", preparado por Marcos Valcárcel, constitúe unha achega, á vez divulgativa e rigorosa, sobre o percorrido biográfico e a obra dunha personalidade, homenaxeda no Día das Letras Galegas de 2004, que tivo por oficio o soño de descubrir as raíces máis fondas de Galicia.

Otros libros del autor en Copi Rey

  • Eladio Rodríguez. Vida e obra -5%
    Titulo del libro
    Eladio Rodríguez. Vida e obra
    Valcárcel López, Marcos
    Xerais
    Na celebración do Día das Letras Galegas do primeiro ano do novo milenio, a Real Academia Galega honra a pers...
    No disponible

    9,55 €9,07 €

  • Roberto Blanco Torres. Xornadas de alerta e agonía -5%
    Titulo del libro
    Roberto Blanco Torres. Xornadas de alerta e agonía
    Blanco Valdés, Juan L. / Núñez Seixas, X. M. / Nicolás Rodríguez, Ramón / Valcárcel López, Marcos
    Xerais
    No disponible

    9,25 €8,79 €

Xerais en Copi Rey

  • Valentín Paz Andrade -5%
    Titulo del libro
    Valentín Paz Andrade
    Portela Yáñez, Charo
    Xerais
    Valentín Paz Andrade. Vida e obra pretende ofrecer un amplo percorrido  pola vida do autor homenaxeado no Día...
    No disponible

    12,00 €11,40 €

  • Astérix. O Lirio Branco -5%
    Titulo del libro
    Astérix. O Lirio Branco
    Nº 40
    Goscinny, René
    Xerais
    Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda Non! Unha aldea poboada por...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €12,30 €

  • Extintos básicos -5%
    Titulo del libro
    Extintos básicos
    Trigo, Xosé M.
    Xerais
    Extintos básicos, un libro sobre a memoria da infancia na Meira do Morrazo do autor: os grosos muros de pedra ...
    No disponible

    11,70 €11,12 €

  • Tacón, punta, tacón -5%
    Titulo del libro
    Tacón, punta, tacón
    Iglesias, Anxo
    Xerais
    No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €12,30 €

  • Os cogumelos nos ecosistemas forestais galegos -5%
    Titulo del libro
    Os cogumelos nos ecosistemas forestais galegos
    Fernández de Ana Magán, Francisco J.
    Xerais
    A micoloxía constitúe unha ciencia apaixonante á que cada día se lle suman máis afeccionados que amosan o ...
    No disponible

    36,25 €34,44 €