(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651911
ISBN:
978-84-9865-191-1
Páxinas:
226
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
2O.BACHARELATO

Desconto:

-5%

Antes:

29,00 €

Despois:

27,55 €
IVE incluído

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura  (estudo que abrangue ata os autores e autoras máis actuais destes inicios do século XXI), o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades para facer deste manual un material motivador  e doado de manexar. Os exercicios serán o complemento que permitirá que o estudo se memorice mellor e, sobre todo, que se comprenda mellor. Todas as Unidades Didácticas se presentan, tanto nos apartados  de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Esta é unha vantaxe importante á hora de planificar o estudo e, xa que logo, a comprensión será moito máis doada. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha batería de exercicios moi prácticos e variados, entre os que destacan, en todas as unidades, exames completos de Selectividade que van permitir afrontar esa proba con total seguridade. Como no libro de 1º curso, sabemos que para que a grandeza  da nosa literatura sexa entendida en toda a súa dimensión, é necesario encardinalo cos grandes feitos da historia da humanidade. Por iso, nas unidades de literatura ofrécese unha liña do tempo que explica a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. Atendendo ás cores, o estudante asiste a unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 O libro de texto de Lingua e Literatura Galega de 2º de bacharelato é,  sobre todo, unha ferramenta útil, non só para comprender os temas que  esixe o programa educativo, senón, tamén, para enfrontarte con éxito ás probas de acceso á universidade. Ao mesmo tempo, e consonte o formulado no 1º curso, está escrito desde o convencemento de que a lingua galega é unha fiestra aberta, para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua, a nosa, é un vehículo de coñecemento, mais tamén de comunicación.

Outros libros do autor en Copi Rey

Galaxia en Copi Rey

  • Romarías e santuarios -5%
    Titulo del libro
    Romarías e santuarios
    Fraguas Fraguas, Antonio
    Galaxia
    No disponible

    13,90 €13,21 €

  • A rúa das preguntas -5%
    Titulo del libro
    A rúa das preguntas
    Nº 509
    González Gómez, Xesús
    Galaxia
    A mediados dos anos cincuenta os habitantes da vila saben gardar os segredos e agachar as verdades. Mais non po...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,50 €17,58 €

  • Arrolos -5%
    Titulo del libro
    Arrolos
    G. Boullosa, Palmira
    Galaxia
    Palmira G. Boullosa ofrécenos trinta e un poemas para arrolar, textos que son cancións, historias, coplas par...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    8,50 €8,08 €

  • Setembro -5%
    Titulo del libro
    Setembro
    Dacosta, Marta
    Galaxia
    Premio de Poesía Martín Codax, 1998. Este libro de ton íntimo, que non  intimista, está dedicado a "todas a...
    No disponible

    11,30 €10,74 €

  • PAIO E O PODER DA MÚSICA (CON CD) -5%
    Titulo del libro
    PAIO E O PODER DA MÚSICA (CON CD)
    Oviravai
    Galaxia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,00 €19,00 €