Ás de bolboreta

Ás de bolboreta

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499142159
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9914-215-9
Páxinas:
232
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
FORA DE XOGO

Desconto:

-5%

Antes:

14,90 €

Despois:

14,16 €
IVE incluído
Comprar

Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes dÆ As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola  indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar  o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que  agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiñoà O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que "As de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as  vidas dos personaxes da novela"; salientando, ademais, que "mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela". Para concluír que "As de bolboreta  é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.ö

Outros libros do autor en Copi Rey

  • A noite das cebolas -5%
    Titulo del libro
    A noite das cebolas
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh c...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €18,00 €

  • Catro plumas de dinosauro -5%
    Titulo del libro
    Catro plumas de dinosauro
    Nº 320
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que h...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €12,83 €

  • Sibila
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Sibila
    Rosa Aneiros / Jonathan Dunne
    Ibd podiprint
    It is a cold, rainy December night, and Sibila is on a mission. She has left everything that might give away he...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    23,11 €21,95 €

  • Ámote leo a:destino xalundes -5%
    Titulo del libro
    Ámote leo a:destino xalundes
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €14,73 €

  • O xardín da media lúa -5%
    Titulo del libro
    O xardín da media lúa
    Aneiros, Rosa
    Galaxia
    Desde as mil e unha noites, a cultura árabe é o aconchego e a orixe de  moreas de contos e lendas. Moitas das...
    No disponible

    7,30 €6,94 €

Materia en Copi Rey

Xerais en Copi Rey

  • Demetrio Demoscopio perdeu a chispa -5%
    Titulo del libro
    Demetrio Demoscopio perdeu a chispa
    Nº 319
    Dávila, Berta
    Xerais
    Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o  señor Demetrio Demoscopio, as irmás...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €12,30 €

  • Contos colorados -5%
    Titulo del libro
    Contos colorados
    Cuba, Xoán R.;Reigosa, Antonio;Miranda, Xosé
    Xerais
    Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da t...
    No disponible

    47,10 €44,75 €

  • A Galicia emprendedora -5%
    Titulo del libro
    A Galicia emprendedora
    Pérez Touriño, Emilio
    Xerais
    Os desafíos de Galicia nun mundo complexo e globalizado constitúen o eixo de reflexión de Emilio Pérez Tour...
    No disponible

    12,15 €11,54 €

  • Intempériome -5%
    Titulo del libro
    Intempériome
    Arias, Xela
    Xerais
    «Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €14,73 €

  • O día de Elmer -5%
    Titulo del libro
    O día de Elmer
    Mckee, David
    Xerais
    No disponible

    6,25 €5,94 €