ÁTLAS ARQUEOLÓXICO DA PAISAXE GALEGA

ÁTLAS ARQUEOLÓXICO DA PAISAXE GALEGA

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491210481
Ano de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9121-048-1
Páxinas:
336
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

Desconto:

-5%

Antes:

46,95 €

Despois:

44,60 €
IVE incluído
Comprar

A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a Natureza.
 Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais  de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as  diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a  época medieval.
 O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes -ou ausentes- nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben  se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas.
 A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial.
 Autoras e autores dos textos: Roberto Aboal, Xurxo Ayán Vila, David Barreiro, Paula Ballesteros-Arias, Manuela Costa-Casais, Pastor Fábrega-Álvarez, João Fonte, Camila Gianotti, A. César González-García, Alejandro Güimil Fariña, Elena Lima Olivera, Raquel López Noia, Patricia Mañana-Borrazás, Antonio Martínez-Cortizas, Matilde Millán e Manuel Santos-Estévez

Materia en Copi Rey

Xerais en Copi Rey

  • Galicia -5%
    Titulo del libro
    Galicia
    Fernández del Riego, Francisco
    Xerais
    No disponible

    25,75 €24,46 €

  • Viaxe ao centro da Terra -5%
    Titulo del libro
    Viaxe ao centro da Terra
    Verne, Jules
    Xerais
    O profesor Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra guiado por un misterioso pergamiño do século XII, do sab...
    No disponible

    15,50 €14,73 €

  • (PROPOSTA DIDACTICA).MATEMATICAS 3O.ESO -5%
    Titulo del libro
    (PROPOSTA DIDACTICA).MATEMATICAS 3O.ESO
    Arias Cabezas, José María;Maza Sáez, Ildefonso
    Xerais
    No disponible

    13,80 €13,11 €

  • Axenda dietario -5%
    Titulo del libro
    Axenda dietario
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    16,01 €15,21 €

  • Guía ilustrada da Galicia invisible -5%
    Titulo del libro
    Guía ilustrada da Galicia invisible
    Reigosa, Antonio
    Xerais
    Hai unha Galicia visible e hai outra que non se ve inzada de reinos, cidades, vilas, illas, covas, camiños, mo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    29,95 €28,45 €