GUAU 3 ANOS 2ºTRIM. GALEGO

GUAU 3 ANOS 2ºTRIM. GALEGO

Editorial:
Sm
EAN:
9788498543858
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9854-385-8
Páxinas:
180
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
EDUCACION INFANTIL

Desconto:

-5%

Antes:

35,09 €

Despois:

33,34 €
IVE incluído

O proxecto Guau parte da necesidade de ofrecerlles aos mestres de Infantil un material que lles facilite a tarefa da aula e a aprendizaxe do alumno de forma significativa e motivadora, sexa cal sexa o seu ritmo de aprendizaxe. Quixemos incorporar nel as suxestións  que recibimos de vós, os profesores, para crear un método que atenda a todos aqueles que queredes traballar os centros de interese fundamentais nesta etapa pero incorporando temáticas actualizadas.O número de fichas que vos ofrecemos en cada trimestre permite que poidades incorporar aqueles proxectos que van xurdindo ao longo do curso e que dan identidade aos vosos centros. Por outra banda, quixemos incorporar outros materiais didácticos de interese como os libros informativos, as láminas borrables (A miña tableta máxica) e o material manipulativo para o desenvolvemento das capacidades de lóxica  matemática, que vos faciliten a tarefa da aula e a atención da diversidade do alumnado. E por último, comprometidos co desenvolvemento integral do alumno, non quixemos deixar de lado a atención á educación emocional, que nos permitirá desenvolver competencias para crecer sans e felices e conseguir un maior benestar e unha sociedade máis humana e máis respectuosa.O proxecto Guau ten un  enfoque globalizador que integra as distintas áreas do currículo e xira arredor dos centros de interese. E un método centrado no traballo  das fichas, como resultado dun traballo previo cuxo desenvolvemento son as propostas da guía, e na lectura de contos e outros libros informativos.Atención á diversidadeCada alumno ten un ritmo de aprendizaxe diferente e unhas capacidades distintas, pero o noso labor  é descubrir cales teñen máis desenvolvidas para, a través delas, conseguir estimular as demais. Neste sentido, propuxemos uns materiais  manipulativos que permiten o razoamento desde a propia experiencia. O  desenvolvemento grafomotor e das destrezas tamén é fundamental nesta etapa e, por iso, os materiais de Guau traballan estes aspectos de forma específica e adaptable ao ritmo de cada un.Educación integral e en valoresO proxecto Guau aposta por unha educación desde todos os ámbitos, e así o pon de manifesto a súa completa oferta de materiais e  a orientación de cada un deles. A educación emocional é a base da adquisición progresiva de hábitos e comportamentos desexables, por iso  se traballa desde os materiais. Ao longo de todo o proxecto, tamén ten especial importancia o estímulo do pensamento crítico, co fin de que os alumnos se propoñan cuestións e cheguen eles mesmos a conclusións (Aprender a pensar). Neste sentido están orientados os materiais destinados a fomentar a curiosidade polo contorno que os rodea.Motivación do alumnoO reforzo positivo e a motivación do alumno son aspectos fundamentais para potenciar a aprendizaxe e o desenvolvemento do neno. Con este obxectivo, Guau creou un motivador fío condutor protagonizado por unhas mascotas entrañables coas que os alumnos sentirán empatía e aprenderán a enfrontarse a situacións cotiás. Do mesmo modo, confiamos no uso das TIC como unha práctica ferramenta para potenciar a atención e o traballo colectivo.Fío condutorGuau aposta pola educación emocional a través do seu magnífico  fío condutor e é un dos seus sinais de identidade máis relevantes. O proxecto está protagonizado por tres cachorros de can moi especiais.As  historias que protagonizan recrean situacións cotiás, aínda que teñen  un detalle de maxia, para atraer a imaxinación dos alumnos. Con todo isto, o proxecto Guau propiciará un clima único na túa aula.2. º TrimestreUnidade 3. Descubro o meu corpo. O CORPO.Unidade 4. Vou ao mercado. OS ALIMENTOSUnidade 5. Unha granxa xenial! OS ANIMAIS DOMESTICOS.Esta carpeta contén:-Tres contos da mascota-Tres unidades didácticas-Adhesivos-Un conto clásico-Un conto de educación emocional-Un caderno de plástica e figuras precortadas-Un libro informativo-Un boletín de progresos-A miña tableta máxica-Un rotulador-Material manipulativo de matemáticas-Unha revista para a familia-CD de canciones-CD TICGuau, un proxecto de enfoque globalizador que pon a súa atención na educación emocional, a atención  á diversidade e a educación en valores.

Sm en Copi Rey

  • CIENCIAS NATURALEZA 2ºPRIMARIA. REVUELA. MADRID 2023 -5%
    Titulo del libro
    CIENCIAS NATURALEZA 2ºPRIMARIA. REVUELA. MADRID 2023
    Martínez, Ana Belén
    Sm
    OBJETIVOConocer el entorno para comprometerse con hábitos respetuosos con el mismo. El aprendizaje del área s...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    41,34 €39,27 €

  • Cuentos del ratón Ramón -5%
    Titulo del libro
    Cuentos del ratón Ramón
    Kawamura, Yayo
    Sm
    Al ratón Ramón le gusta jugar con sus amigos y pasar tiempo con su familia. Un libro con cuentos en viñetas ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    9,95 €9,45 €

  • EL OSO QUE LEIA NIÑOS -5%
    Titulo del libro
    EL OSO QUE LEIA NIÑOS
    Nº 96
    Moure Trenor, Gonzalo
    Sm
    Ñum-Ñum vivía en el bosque hasta que un día se lo llevaron. Entonces descubrió que no era un osezno normal...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    8,75 €8,31 €

  • Mm.y los ladrones de cerebros -5%
    Titulo del libro
    Mm.y los ladrones de cerebros
    Byng, Georgia
    Sm
    Molly Moon, la niña de los ojos hipnóticos, ha realizado un sorprendente descubrimiento: tieneotro poder. ¿P...
    No disponible

    16,50 €15,68 €

  • Hamish y los paramundos -5%
    Titulo del libro
    Hamish y los paramundos
    Wallace, Danny
    Sm
    ¿Qué harías tú si el mundo entero se detuviera? Sí: el MUNDO ENTERO. Pájaros en pleno vuelo. Aviones en e...
    No disponible

    5,95 €5,65 €