Historia do mundo comtemporaneo 1ºbacharelato
Antigo

Historia do mundo comtemporaneo 1ºbacharelato

Editorial:
Baia
EAN:
9788499950365
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-9995-036-5
Páxinas:
451
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)
Colección:
1ºBACHARELATO

Desconto:

-5%

Antes:

34,50 €

Despois:

32,78 €
IVE incluído
Comprar

O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto ao tratamento dos contidos, predomina o tratamento global e diacrónico no exame das grandes transformacións económicas e políticas do século XIX que conforman o mundo contemporáneo -revolución industrial, revolución política liberal, burguesía e proletariado, imperialismo- así como no estudo dos cambios e continuidades que afectan ao mundo actual -Guerra Fría, capitalismo e socialismo real, descolonización e Terceiro Mundo-; mentres que para o estudo das graves crises e conflitos do mundo de entregueras Gran Guerra, Revolución rusa, Crac do 29, Fascismos, Segunda Guerra Mundial- predomina un tratamento máis pormenorizado e temático.
 
 Os autores parten da idea de que o alumnado debe manexar e comentar un  bo número de materiais documentais da época (textos, gráficas, estatísticas, mapas, fotografías, obras de arte...). Por iso en cada unha das unidades temáticas están recollidos numerosos documentos que forman parte da información, é dicir, non son meros complementos dun discurso de autor, senón que son eles os que realmente proporcionan a información histórica; o traballo dos autores céntrase na organización  e recollida desa información redactando un fío condutor que facilita ao alumnado a correcta comprensión da documentación orixinal.
 
 Na selección desta documentación os autores incorporaron fundamentalmente fontes primarias accesíbeis e comprensíbeis para o nivel de ensino a que está destinado o manual. Os documentos escritos preséntanse convenientemente reducidos ás súas mensaxes básicas, destacando aqueles aspectos que máis interesaban para o tema a tratar.  Na referencia bibliográfica dos textos consígnase sempre o autor, o título e a data da primeira redacción ou publicación sen especificar (por consideralo de escasa ou nula relevancia) a edición concreta que foi manexada. Ao comezo de cada unidade figuran enderezos da Internet e títulos de filmes que poden ser utilizados para completar a información do libro de texto.
 
 O manual achega tamén un anexo final de técnicas de traballo pensadas par facilitar ao alumnado o traballo cos materiais documentais de carácter textual, gráfico e audiovisual.

Materia en Copi Rey

Baia en Copi Rey

  • ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES -5%
    Titulo del libro
    ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
    De Castro, Rosalia
    Baia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,35 €13,63 €

  • Nube Branca e o pingüín Valentín -5%
    Titulo del libro
    Nube Branca e o pingüín Valentín
    Nogueira Campo, Pablo
    Baia
    Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulaci...
    No disponible

    14,35 €13,63 €

  • O tesouro das ánimas -5%
    Titulo del libro
    O tesouro das ánimas
    Nº 6
    Regueiro Digón, Conchi
    Baia
    No peto de ánimas da Leira dos Pintado, en Ponterrubiáns, cinco versos  proporcionan unha misteriosa clave:&n...
    No disponible

    10,00 €9,50 €

  • BALEAS E GOLFIÑOS -5%
    Titulo del libro
    BALEAS E GOLFIÑOS
    Harris, Caroline
    Baia
    Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros.    Fotogr...
    No disponible

    10,65 €10,12 €

  • As mulleres nas Matemáticas -5%
    Titulo del libro
    As mulleres nas Matemáticas
    Ríos Fachal, Matilde
    Baia
    Este libro tenta achegar as mulleres e as Matemáticas a calquera que teña curiosidade, pero está especialmen...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,55 €15,72 €