O coloso de Marusi
 IBD

O coloso de Marusi

Nº:
1
Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484876908
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8487-690-8
Páxinas:
236
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
Narrativa

Desconto:

-5%

Antes:

19,95 €

Despois:

18,95 €
IVE incluído
Comprar

Tradución do inglés de María Alonso Seisdedos.
«Na terraza elevada de Amarusio, mentres a luz dos outros mundos empezaba a perder o brillo, captei a vella e a nova Grecia na súa suave translucidez e así  se conservan ambas na miña memoria. Decateime nese instante de que non hai nin vella nin nova, só Grecia, un mundo concibido e creado a perpetuidade. O home que falaba deixara de ser de tamaño e proporcións  humanas, convertérase nun coloso cuxa silueta se esfumaba para diante  e para atrás co roncar grave e rítmico das súas oracións narcóticas.»
En xullo de 1939, tras vivir nove anos en París e ante  a ameaza da inminente invasión de Francia pola Alemaña nazi, Henry Miller acepta o convite do seu amigo Lawrence Durrell e, tras unha breve excursión pola Dordoña, parte para Corfu, Grecia, onde este reside. Ata o 27 de decembro dese mesmo ano, cando regresa aos Estados  Unidos por orde das autoridades norteamericanas, percorrerá o país e entrará en contacto coas súas xentes, establecendo lazos duradeiros de  amizade entre outros co poeta Geórgios Seferiadis e o espléndido narrador oral George Katsimbalis.
O coloso de Marusi, escrito en 1940 en Nova York, é un diario inclasificable desa descuberta de Grecia e dos gregos, unha mestura de reflexións e descricións (de persoas e paisaxes), entre o poético e o prosaico, salpicado, por contraste, de críticas feroces a todo o que o autor detesta do seu país, e que suscitará en quen o lea hoxe fascinación e sen dúbida tamén, nalgunha pasaxe concreta, rexeitamento, pero, sobre todo, é unha lectura que deixa pouso vivo e fermentable

Outros libros do autor en Copi Rey

  • Tropico de cancer fg -5%
    Titulo del libro
    Tropico de cancer fg
    Miller, Henry
    Punto lectura
    No disponible

    9,95 €9,45 €

  • 975.TIEMPO DE LOS ASESINOS/BOLSILLO
    Antigo
    -5%
    Titulo del libro
    975.TIEMPO DE LOS ASESINOS/BOLSILLO
    Nº 011
    HENRY MILLER
    Alianza editorial
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €5,93 €

  • Tropico de capricornio fg -5%
    Titulo del libro
    Tropico de capricornio fg
    Miller, Henry
    Punto lectura
    No disponible

    9,99 €9,49 €

  • Nexus -5%
    Titulo del libro
    Nexus
    Miller, Henry
    Edhasa editorial
    "Nexus", concluye la trilogía que forma con Sexus y Plexus, al tiempo que ofrece los antecedentes de los "Tró...
    No disponible

    10,95 €10,40 €

  • Colosso de Maroussi (O) -5%
    Titulo del libro
    Colosso de Maroussi (O)
    Miller, Henry
    Tinta da china
    Henry Miller dizia que "O Colosso de Maroussi" era o seu melhor livro.  Seduzido pelas descrições da Grécia,...
    No disponible

    17,57 €16,69 €

Materia en Copi Rey

Laiovento (ibd) en Copi Rey

  • A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE. O Hospital Álvaro Cunqueiro:
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE. O Hospital Álvaro Cunqueiro:
    Pablo Vaamonde ( Coord.)
    Laiovento (ibd)
    A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE.O Hospital Álvaro Cunqueiro: a grande estafa.Vaamonde García, Pablo (Coord.)Est...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,00 €14,25 €

  • VIXIADOS - Represión, investigación e vixilancia na Galiza
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    VIXIADOS - Represión, investigación e vixilancia na Galiza
    EMILIO GRANDÍO (EDITOR)
    Laiovento (ibd)
    VIXIADOSRepresión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (1936-1939)O caso galego resulta de s...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,00 €18,05 €

  • A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO
    Rosa Mª Regueiro Ferreira
    Laiovento (ibd)
    A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO O desenvolvemento do sector eólico en  Galiza (1995-2011)Neste libro, a autora an...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,00 €16,15 €

  • Nura
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Nura
    Ponç Pons
    Laiovento (ibd)
    "Comecei a escribir "Nura" un serán de inverno, en Macaret, arrodeado de velas e co Requiem de Mozart a todo v...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    12,95 €12,30 €

  • OS INTELECTUAIS E A ORGANIZACIÓN DA CULTURA
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    OS INTELECTUAIS E A ORGANIZACIÓN DA CULTURA
    Antonio GRAMSCI
    Laiovento (ibd)
    Até a aparición dos apuntamentos e notas que Antonio Gramsciescribiu nos cárceres fascistas, o estudo dos in...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    20,00 €19,00 €