Sonámbulos

Sonámbulos

EAN:
9788499147574
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9914-757-4
Páxinas:
104
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

Desconto:

-5%

Antes:

17,95 €

Despois:

17,05 €
IVE incluído
Notificar dispoñibilidade

"Somnámbulos" reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos tratan do que trata a literatura, da memoria, é dicir do pasado.
 A escrita literaria adoita ser como guindar un balde ao pozo que un leva dentro. Non se acostuma contar mais o traballo de escribir ficción é ir cavando nun pozo dentro de un, conforme se descende a auga vai saíndo máis fría. O caso deste libro é outro, nace arredor dun texto, "Negocios de familia", que hai uns anos tirei fóra do pozo e que logo deitei de volta para o fondo pretendendo esquecelo. Durante  anos chegábame algunha voz desde aquel burato máis as urxencias da vida diaria permitíronme non lles facer caso, até que as voces se foron facendo máis claras e fortes e tiven que procurar un oco nos meus días para voltar sentarme a escribir ao ditado desas voces. As veces ocorren cousas así.
 O segundo, "Conversando coa auga", é un texto que naceu dun encargo da  "Fundación Agbar", que me propuxo escribir un texto sobre "a auga desbordada". O terceiro, "Insomne" naceu de recibir os chicotazos da historia nas costas propias. O orixinal foi escrito como texto para magnetófono e como tal foi escoitado por primeira e única vez na "Sala  Galán" de Santiago. Retomeino e corrixino, separándoo un pouco máis das circunstancias históricas que vivía naquel momento. Seguramente a persoas que o lean hoxe, ese ser terríbel lles resulte estraño e lonxano, hoxe o terríbel fíxose invisíbel, noutros tempos os monstros tiñan figura. (Da nota do autor).

Outros libros do autor en Copi Rey

  • Ten que doer -5%
    Titulo del libro
    Ten que doer
    De Toro, Suso
    Este volume recolle unha ampla escolma de textos ensaísticos de Suso de Toro nos que alenta unha voz coherente...
    No disponible

    23,50 €22,33 €

  • El pueblo de la niebla -5%
    Titulo del libro
    El pueblo de la niebla
    Toro, Suso de
    No disponible

    20,45 €19,43 €

  • Humildar -5%
    Titulo del libro
    Humildar
    de Toro, Suso
    Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, ...
    No disponible

    7,50 €7,13 €

  • Esdevenir humil -5%
    Titulo del libro
    Esdevenir humil
    de Toro, Suso
    «Esdevenir humil» és fer un acte de renúncia voluntária a una part del  nostre orgull, o supérbia. E...
    No disponible

    11,50 €10,93 €

  • FÓRA DE SI -5%
    Titulo del libro
    FÓRA DE SI
    Nº 422
    De Toro, Suso
    Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €18,00 €

Materia en Copi Rey