As de bolboreta

As de bolboreta

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499140285
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9914-028-5
lingua:
GALEGO
Ancho:
210
Alto:
130
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
FORA DE XOGO

Desconto:

-5%

Antes:

13,00 €

Despois:

12,35 €
IVE incluído

Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola  indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar  o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que  agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño...O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que "As de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en  breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as  vidas dos personaxes da novela"; salientando, ademais, que "mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela". Para concluír que "As de bolboreta  é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista."

Outros libros do autor en Copi Rey

Materia en Copi Rey

Xerais en Copi Rey

  • Vaite xa! -5%
    Titulo del libro
    Vaite xa!
    Viso Dopazo, Marcos
    Xerais
    Oso ten que ir na procura dun traballo mellor, xa non venden cenorias abondas no mercado. Comezar de cero é ar...
    No disponible

    12,50 €11,88 €

  • Lucía -5%
    Titulo del libro
    Lucía
    Frías Conde, Francisco Xavier
    Xerais
    No disponible

    7,25 €6,89 €

  • Amaranta, a carteira Saramaganta -5%
    Titulo del libro
    Amaranta, a carteira Saramaganta
    Mau
    Xerais
    Amaranta, a carteira saramaganta, esta protagonizado por algúns dos réptiles máis habituais na nosa fauna, p...
    No disponible

    8,95 €8,50 €

  • Viva o Fu Remol! -5%
    Titulo del libro
    Viva o Fu Remol!
    Feijoo Barreiro, Pedro
    Xerais
    Pedro Feijoo, produtor musical e actual baixo de Lamatumba e anteriormente de Los Feliz e Kgben, neste libro de...
    No disponible

    19,80 €18,81 €

  • A casa abandonada -5%
    Titulo del libro
    A casa abandonada
    Heinze, Ursula
    Xerais
    No disponible

    6,00 €5,70 €